A AGGETT ten entre os seus obxectivos representar institucionalmente ó colectivo e defender ós seus profesionais en tódolos estamentos sociais. Ademais, deberá loitar de forma permanente para que dende os estamentos sociais se faga un uso xusto das telecomunicacións na sociedade.
Dende a asociación comprometémonos a realizar de forma continuada reunións cos seguintes entes:
- Concellos e Deputacións
- Xunta de Galicia
- Universidade
- Patronais, clusters e empresas
- Grupos políticos
- Outros colectivos como colexios profesionais, sindicatos, movementos sociais, …