Proxectos para vivendas automatizadas, con servizos de xestión enerxética, seguridade, benestar e comunicación, podendo estar estos servizos integrados cunha rede interior ou exterior de telecomunicacións.
Atribucións xeráis do Enxeñeiro Técnico de Telecomunicación:
- Decreto 2479/1971 (BOE 18.10.71) regula as facultades e competencias dos enxeñeiros técnicos de telecomunicación.
- Ley 12/1986 (BOE 2.4.86) referente a regulación das atribucións profesionáis dos arquitectos e enxeñeiros técnicos.
- Real Decreto 1954/1994 (BOE 17.11.94) referente a homologacións de títulos.
Todo esto permite:
- Emitir opinións ou informes e practicar peritaxes.
- Dirixir a execución material da construcción, instalación, control técnico e o mantemento das súas instalacións ou industrias.
- Redactar e firmar proxectos.
Os Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación (ETT) cursan actualmente unha das catro especialidades seguintes:
- Telemática.
- Son e Imaxen.
- Sistemas Electrónicos.
- Sistemas de Telecomunicacións.
Fogar Dixital:
A tecnoloxía actual permite deseñar vivendas totalmente automatizadas, con servizos de xestión enerxética, seguridade, benestar e comunicación. Istos poden estar integrados cunha rede interior i exterior de comunicación.