Convocatoria de reunión para a constitución da DEMARCACIÓN en Galicia do Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación

Estimado colexiado/a,

Cumpridos os trámites do regulamento interno do Colegio Oficial de Graduados e Ingenieros Técnicos de Telecomunicación, en diante COITT, e sendo conforme polo Consello de Decanos do COITT, o Presidente da Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións, en diante AGGETT, convoca aos colexiados galegos do COITT, na reunión para a aprobación de constitución da Demarcación en Galicia do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación, ás 12:00 horas do día 19 de outubro de 2019 no HOTEL TRYP SANTIAGO (Rúa do Restollal, 24, 15702 Santiago de Compostela).

Celebrarémolo ás 13:00 horas con un Cóctel no mesmo hotel.

A asistencia necesaria entre presentes e representados debe ser maior de un 25% dos colexiados en Galicia, donde se tratarán os siguientes temas:

1)Aprobación da creación da Demarcación do COITT en Galicia.

2)Asamblea de Constitución provisional da Demarcación do COITT enGalicia: nomeamento dos órganos de goberno provisionais ata a aprobación pola Asamblea Xeral do COITT.

Esperamos contar coa súa asistencia á reunión para que o noso territorio poida contar coa demarcación que consideramos se merece.

Sabemos que as axendas son complicadas, por elo, se por algunha razón non podes asistir tes a opción de facernos saber a túa vontade solicitando a demarcación no teu nome cubrindo a delegación de voto que podes solicitar na conta de correo electrónico comunicacion@aggett.es

Por outra parte, se pensas asistir podes comunícalo na mesma conta de correo para confirmar que os aforos previstos son adecuados.

Seguidamente a esta reunión, terá lugar un networking no que se invitará aos asistentes a un cóctel para compartir as nosas experiencias e pretensións.

Recibide un cordial saúdo da Xunta Directiva da AGGETT.

Be the first to comment on "Convocatoria de reunión para a constitución da DEMARCACIÓN en Galicia do Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación"

Deja un comentario.

Tu dirección de correo no será publicada.


*