20 Marzo | Encontro de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións de Galicia

Hola a todos, graduados e enxeñeiros técnicos de teleco

Esperámosvos o martes, 20 de marzo de 2018, as 21:00 horas no restaurante A Moa en Santiago de Compostela na Rúa de San Pedro, nº 32. ¡¡Inscríbete canto antes!!

Como ben sabedes, a Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións leva os últimos anos traballando na defensa da profesión e na promoción dos profesionais graduados e enxeñeiros técnicos de telecomunicacións galegos. Así mesmo, e aproveitando a presenza en Galicia do actual decano do COGITT, Don Mario Cortés Carballo, compartiremos un encontro no que nos gustaría contar coa túa presencia, coa intención de coñecer as liñas de traballo que se están a levar a cabo dende o Colexio Oficial e dende a Asociación Española de Graduados e Ingenieros Técnicos de Telecomunicaciones con quen a AGGETT firmou un acordo como paso previo a ser oficialmente recoñecida demarcación do COGITT, que consideramos vital para o colectivo en Galicia.

Aproveitar tamén este encontro para retomar e fomentar as relacións entre os compañeiros, transmitir as inquietudes dos profesionais tanto á Xunta Directiva da AGGETT como ao novo decano nacional, e como non pode ser menos, compartir unha cea cos colegas e representantes institucionais, representantes de colectivos profesionais e tamén con empresas do sector.  Por elo, pedimos que o difundades entre todo o colectivo e coñecidos, de xeito que nos acheguedes as vosas propostas e peticións a levar a cabo dende a AGGETT e o COGITT/AEGITT na medida do posible.

Será un encontro aberto, tanto a colexiados como aos non colexiados, e esperamos que sexa o primeiro de moitos, no que comecemos a camiñar unidos para o ben do sector.

A pesar de ser un martes, fagamos un esforzo, polo ben do colectivo e da profesión, que estamos convencidos que merece a pena.

O prezo do menú será de 35€/persoa. Para inscribirse deberá ser abonado mediante transferencia bancaria ao número de conta que segue: ES85 2080 0405 4830 4002 4130, enviando xustificante de pago a reservas@aggett.es

Be the first to comment on "20 Marzo | Encontro de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións de Galicia"

Deja un comentario.

Tu dirección de correo no será publicada.


*